Manxadoira ten dous CD’s no mercado.

O primeiro CD foi presentado no 2006 e titúlase “Manxadoira”. Este CD contén un repertorio moi variado e ritmos moi diversos (rumbas, alboradas, muiñeiras,…), con pezas moi coñecidas e outras que ata o momento nunca foran gravadas:

A cascarexa (Ernesto Campos; achega da 2ª voz: Anxo Gago); De Vigo a Santiago (Henrique Otero); Marcha Procesional de San Martiño de Bueu (Anxo Gago); A Maruxa (Tradicional; arranxos de Anxo gago); Alborada e muiñeira op.32 (Pablo Sarasate; arranxos de Anxo Gago); Rumbas, tradicional e de Carcacía (Tradicional; arranxos de Anxo Gago); O meu tarequiño (Roxelio de Leonardo Bouza); Xarabal (Nazario González “Moxenas”); Manxadoira (Anxo Gago);Muiñeira do Miño e Portomarín (Ramiro Couce, Xosé Lois Foxo) e A Barroca (Xosé Manuel Fernández Costas, Casto Sampedro, Nazario González “Moxenas”; arranxos de Anxo Gago)

O segundo CD, que leva por título “Pedra Moura”, foi presentado o 1 de setembro de 2012 e recolle as seguintes pezas:

Recolleita “Moxenas” (Popular, Nazario González “Moxenas”, Xosé Manuel Fernández, Muxicas e Ernesto Campos; arranxos de Anxo Gago e Cristóbal Pascual); As Artes da Pedra Moura (Ernesto Campos); Boisaca - Choupana (Xosé Manuel  Fernández Costas); Aquel día na Moureira (Anxo Gago); Marcha procesional de S. Esteban de Beade (Nazario González “Moxenas”; arranxos de Anxo Gago); Foliadas (Popular - Os Morenos de Lavadores - Ernesto Campos; arranxos de Marcos Campos); Polcas (Carlos Justo, Xosé Romero Miguens; arranxos de Xaime Estévez Vila e Marcos Campos); Mazurcas (Xosé Manuel Fernández Costas, Popular; arranxos de Anxo Gago); Luces na Mangallona (Eugenio Carballo Palmas; arranxos de Ernesto Campos) e Foliada con retranca (Ernesto Campos)

Localización

Casa da música "Manuel Omil", Bueu

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos